Skip to main content
socorrismo

Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e Espazos Acuáticos Naturais (CFES-IEAN)

Dende a Área de Educación de Cruz Vermella en Ourense lanzamos un Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e Espazos Acuáticos Naturais (CFES-IEAN).
📅 Data de inicio: 03/10/2025
⏰ Horario: sábados e domingos (mañá e tarde)
📍 Modalidade: presencial
🎯 Dirixido a: mozos entre 18 e 35 anos con ESO

Este curso gratuíto comeza cunha proba o venres 03 de outubro, e continúa ao longo de dous meses durante os fins de semana (en horario de mañá e tarde).

Para máis información ou para inscricións, podedes contactar no 988222484.

Comments