Skip to main content
transporte

Convocatoria de axudas do Concello de Mesía para o transporte escolar 2025-2026

O Concello de Mesía vén de abrir a convocatoria de axudas para o transporte escolar destinadas ao alumnado empadroado no municipio que curse estudos de bacharelato ou formación profesional fóra do termo municipal durante o curso 2025-2026.

O orzamento total destinado a estas axudas ascende a 6.400 euros, cun importe máximo de 250 euros por beneficiario/a.

Requisitos principais

  • Ter menos de 25 anos.

  • Estar empadroado/a en Mesía cun mínimo dun ano de antigüidade.

  • Estar matriculado/a en bacharelato ou formación profesional con título homologado, e precisar desprazarse diariamente fóra do concello.

  • Que a unidade familiar estea ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

  • Que os ingresos brutos anuais “per cápita” non superen o dobre do salario mínimo interprofesional.

Prazos

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2025.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na web do Concello de Mesía (www.concellodemesia.gal), no taboleiro de anuncios municipal e na Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS 858227. BOP Coruña

Comments