Convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para actividades en 2025 no Concello de Moeche
O Concello de Moeche publica a convocatoria de axudas dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades, obras ou servizos durante o ano 2025.
A convocatoria pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP nº 184, de 26 de setembro de 2025) e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 858146): ligazón directa.
Destinatarias e requisitos
Poderán solicitar estas subvencións entidades, organismos ou asociacións legalmente constituídas que:
-
Carezan de fins de lucro.
-
Estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.
-
Non teñan débedas co Concello de Moeche.
-
Desenvolvan as súas actividades no ámbito municipal.
-
Non se atopen en ningún dos supostos de prohibición previstos na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións.
Non poderán ser beneficiarias aquelas entidades que teñan obrigas fiscais ou coa Seguridade Social pendentes, subvencións municipais sen xustificar ou un convenio económico en vigor co Concello.
Obxecto e contía
As axudas, cunha dotación total de 4.000 euros, teñen como finalidade apoiar a financiación de actividades culturais, deportivas e educativas de interese xeral, así como determinados gastos de funcionamento e investimento.
O reparto farase mediante concorrencia competitiva, en función dun baremo que valorará a documentación presentada polas entidades.
Prazo de solicitudes
As entidades interesadas dispoñen de 15 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP para presentar a súa solicitude.
O trámite realizarase exclusivamente por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Moeche ou polas canles previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Para máis información, cómpre consultar as bases reguladoras na BDNS ou no BOP da Coruña.




Comments