Skip to main content
bolsas

Convocatoria de subvencións para actividades culturais en Redondela 2025

O Concello de Redondela vén de publicar as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións destinadas a centros, asociacións e entidades culturais sen ánimo de lucro do municipio para o ano 2025.

O obxectivo destas axudas é apoiar e fomentar actividades culturais de interese social dirixidas á veciñanza en xeral, favorecendo a diversidade de propostas no eido cultural.

As actividades deberán desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2025, podendo ser actuacións puntuais ou de carácter anual. O crédito dispoñible para esta convocatoria é de 20.000 euros, e cada entidade poderá optar a un máximo de 3.000 euros, sempre que a subvención non supere o 70% do custo total da actividade.

Poderán beneficiarse destas axudas todas aquelas asociacións e entidades culturais sen ánimo de lucro con sede en Redondela, debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións con, polo menos, un ano de antigüidade.

📌 Prazo de solicitude:
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Redondela (https://redondela.sedelectronica.gal). O prazo permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2025.

Toda a información detallada sobre os criterios de valoración, documentación necesaria e procedemento de concesión pode consultarse nas bases da convocatoria publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na web do Concello de Redondela.

Comments