Cultura e tradición no Camiño - Lugo
Novena edición das xornadas ‘Cultura e tradición no Camiño’, que o Grupo Etnográfico Traxandaina celebrará do 5 ao 11 de outubro en Lugo, co apoio da Xunta.
A programación inclúe obradoiros artesanais, concertos, propostas tan singulares como os cantos de cego ou o primeiro Filandón San Froilán, e unha exposición de corozas, colchas e vestimenta tradicional, un eido no que Traxandaina é todo un referente polo seu rigoroso traballo de recuperación e posta en valor do noso patrimonio textil.




Comments