Skip to main content
redes

Convocatoria do VI Certame Galetiktokers do Concello de Ames 2025

O Concello de Ames vén de aprobar as bases do VI Certame Galetiktokers 2025, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade audiovisual en lingua galega a través das redes sociais.

Poderán participar todas as persoas a partir de 13 anos que presenten vídeos orixinais en galego, elaborados a través de TikTok ou dos reels de Instagram. A presenza da lingua galega será obrigatoria, xa sexa de forma oral, escrita ou musical.

A temática dos vídeos é totalmente libre: música, humor, baile, interpretación, efectos especiais, deporte, etc. As pezas deberán ter unha duración de entre 15 e 60 segundos, e non se admitirán aquelas que transmitan mensaxes violentas, denigrantes ou ofensivas.

O certame conta cunha dotación económica total de 1.800 €, repartidos en 6 premios de 300 € cada un: dous premios outorgados polo público e catro polo xurado.

📅 O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de outubro de 2025, iniciándose o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

As bases completas poden consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións:
👉 BDNS 858940

BOP Coruña

Comments