Skip to main content

CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NA CATEGORÍA DE OFICIAL SEPULTUREIRO

O día 12 de setembro de 2025 esta Alcaldía ditou a Resolución nº 3380 pola que se aproban as bases reguladoras para a formación dunha bolsa de emprego na categoría de Oficial Sepultureiro, Escala de Administración Especial, Servizos Especiais, Grupo C, subgrupo C2, polo sistema de OPOSICIÓN LIBRE, para os supostos en que sexa precisa a provisión interina de prazas da referida categoría, cuxo texto literal estará exposto no Taboleiro de Anuncios e na sede electrónica do Concello de Marín https://sede.concellodemarin.es

Comments