Convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo no Concello de Becerreá
O Concello de Becerreá aprobou, mediante Decreto de Alcaldía nº 2025-0564 de data 11/09/2025, as bases e a convocatoria para a cobertura dunha praza de auxiliar administrativo da Escala de Administración Xeral, Subescala auxiliar, Subgrupo C2, polo sistema de oposición libre.
As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no modelo normalizado (Anexo I das bases) no prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
A información completa —bases, solicitudes e demais documentación do proceso— está dispoñible na sede electrónica do Concello de Becerreá: https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal.
Entre os requisitos para participar destacan:
-
Ter nacionalidade española ou dalgún Estado membro da UE.
-
Posuír o título de graduado escolar, ESO ou equivalente.
-
Acreditar o coñecemento da lingua galega (nivel CELGA 3 ou equivalente, ou superar unha proba específica).
-
Abonar a taxa de dereitos de exame (18 €).
O sistema selectivo será de oposición libre e o tribunal publicará na sede electrónica as datas dos exercicios, así como as listas provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas.
📌 Máis información: Concello de Becerreá – Sede electrónica




Comments