Skip to main content

Convocatoria en Muros: dúas prazas de Axente de Policía Local

O Concello de Muros publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 2 de outubro de 2025 a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para o acceso a dúas prazas de funcionario de carreira da Policía Local, categoría de Axente (subgrupo C1), polo sistema de oposición libre.

As persoas aspirantes deberán reunir, entre outros, os seguintes requisitos: ter nacionalidade española, posuír título de bacharelato ou técnico, carecer de antecedentes penais, estar en posesión dos permisos de conducir A2 e B, e presentar un compromiso por escrito de portar armas no servizo.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación da convocatoria no BOE. O formulario (Anexo II) está dispoñible na sede electrónica municipal sede.muros.gal e tamén na web www.muros.gal.

Toda a información completa sobre requisitos, documentación, prazos e probas pode consultarse no BOP e na sede electrónica do Concello de Muros.

Comments