Convocatoria dunha praza de subalterno/a reservada a persoas con discapacidade intelectual na Deputación da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña aprobou as bases específicas para a convocatoria dunha praza de subalterno/a (AP), incluída na Oferta de Emprego Público 2024 e reservada a persoas con discapacidade intelectual cun grao igual ou superior ao 33%.
O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición e constará de tres exercicios:
-
Proba teórica tipo test.
-
Proba práctica relacionada coas funcións propias do posto.
-
Proba de galego (exentos/as quen acrediten o Celga 2 ou equivalente).
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente de maneira telemática a través do portal CONVOCA (https://dacoruna.convoca.online), empregando o sistema de identificación Cl@ve. O prazo será de 20 días naturais a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
A taxa de exame é de 9,65 €, con exencións ou bonificacións para familias numerosas.
📌 Toda a información sobre as bases, requisitos, temario en lectura fácil e documentación necesaria pode consultarse na plataforma CONVOCA.




Comments