Skip to main content

Convocatoria de procedemento de selección de dúas prazas de administrativo/a de recursos humanos na Coruña

Requisitos:

– Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ao emprego público.

– Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

– Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

– Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos.

– Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, do título de Bacharelato, Técnico de Formación Profesional, FPII ou equivalente.

- Posuír un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua Galega CELGA IV, equivalente ou superior

Solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, a contar desde a seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no “Boletín Oficial do Estado”

Máis información:

BOP Coruña

Comments