Skip to main content

Convocatoria para a constitución ducha bolsa de emprego de auxiliar administrativo en Agolada

Requisitos: 

a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas;

c) Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos.

d) Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

e) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

f) Posuír a titulación de graduado en ESO ou equivalente.

g) Posuír o certificado de Celga 3 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente na materia de política lingüística da Xunta de Galicia, ou obter a calificación de apto na proba de galego que forma parte da fase de oposición.

h) Pago da taxa por dereitos de exame tal e como se recolle na Ordenanza Fiscal Reguladora.

Solicitudes: 

O prazo de presentación de solicitudes, que será de dez días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Máis información: 

BOPPO

Comments