(Est)ética antes do poema. Encontro con Olga Novo polo Día das Escritoras na Biblioteca de Galicia
Neste encontro con motivo do Día das Escritoras, a poeta Olga Novo escolle varios obxectos para percorrer a materialidade que conecta a estética coa ética, amosando como a poesía —como coñecemento intuitivo— se manifesta antes do poema. E como o texto comunica un posicionamento ético ante o mundo.
Historia dunha manta.
Historia dunha améndoa.
Historia dun niño.
Historia dun seixo.
As pequenas cousas tamén contan dende a beleza e a verdade.
Máis información:
www.cidadedacultura.gal




Comments