Skip to main content

Convocatoria para a selección dun formador-titor/a da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208)

O Concello da Laracha publica as bases para a selección dun/ha formador/a-titor/a encargado/a de impartir a especialidade “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208)”, dirixida a persoas traballadoras desempregadas e incluída no Plan formativo para o emprego da Comunidade de Galicia.

A persoa seleccionada será responsable da docencia e titorización do alumnado durante todo o desenvolvemento da acción formativa, así como da elaboración da programación didáctica, avaliación, seguimento e coordinación das prácticas profesionais. O contrato terá unha duración aproximada de cinco meses a xornada completa, cunha retribución bruta mensual de 1.750 euros.

Requisitos principais

As persoas aspirantes deberán cumprir, entre outros requisitos:

  • Dispoñer da titulación universitaria, de Formación Profesional ou certificado de profesionalidade vinculado á especialidade.

  • Posuír o Certificado profesional de habilitación para a docencia nos graos A, B e C do Sistema de Formación Profesional (ou estar exento segundo o recollido nas bases).

  • Acreditar experiencia profesional relacionada coa especialidade.

  • Coñecemento da lingua galega (nivel CELGA 4 ou equivalente).

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes é de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello da Laracha ou a través da sede electrónica municipal: https://sede.alaracha.gal.

👉 Podes consultar as bases completas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP núm. 191, do 7 de outubro de 2025).

Comments