Skip to main content

O Concello de Moaña convoca unha praza de Oficial/a 1ª Mecánico/a

O Concello de Moaña publicou as bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir unha praza de Oficial/a 1ª Mecánico/a, incluída na Oferta de Emprego Público 2025 e vinculada á taxa de reposición específica para contratos de remuda.

A convocatoria, aprobada na Xunta de Goberno Local o 29 de setembro de 2025, regula o proceso de selección en quenda libre mediante o sistema de oposición, dirixido a persoas que conten, cando menos, co título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e o permiso de conducir tipo B.

As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP), así como no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña (https://concellodemoana.sedelectronica.gal).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude preferentemente por medios electrónicos a través da sede electrónica municipal ou, opcionalmente, de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello.

Toda a información sobre o proceso, prazos e documentación necesaria está dispoñible na sede electrónica e nos canais oficiais do Concello de Moaña.

Comments