Skip to main content
premio

Premios de Investigación “González Llanos”, “Ingeniero Comerma”, “Concepción Arenal”, “Antonio Usero” e “Ángeles Alvariño”no 2025 e 2026 en Ferrol

Os premios serán adxudicados a traballos de investigación relacionados e pertencentes aos referidos ámbitos, tal e como a continuación se detalla:

Premio de

investigación Ángeles Alvariño, no ámbito das Ciencias e ás titulacións universitarias que nel se inclúen.

Premio de investigación González Llanos, no ámbito da Enxeñería e da Arquitectura e ás titulacións universitarias que nel se inclúen.

Premio de investigación Concepción Arenal, no ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas e ás titulacións universitarias que nel se inclúen.

Premio de investigación Enxeñeiro Comerma, no ámbito das Artes e das Humanidades e ás titulacións universitarias que nel se inclúen.

Premio de investigación Antonio Usero, no ámbito das Ciencias da Saúde e ás titulacións universitarias que nel se inclúen.

Poderán optar a estes premios e con independencia da súa nacionalidade:

1. Persoas de xeito individual: con perfil profesional ou con perfil investigador.

2. Equipos ou grupos multiprofesionais que poden estar formados só por profesionais, só por investigadoras/es ou ben por ambos (profesionais e investigadoras/es)

As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria destes premios no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte da referida publicación, obrigatoriamente a través dos medios electrónicos habilitados para tal fin na sede electrónica do Concello de Ferrol, no enlace:

https://www.ferrol.gal:8443/cividas-core-web-ferrol/

Comments