II Curso Avanzado de Educación Non Formal con Lentes Violetas
Abrimos o prazo de inscrición ao II Curso Avanzado de Educación Non Formal con Lentes Violetas! 💜
Coas nosas vibes do 2000 e as #LentesVioletas postas de novo, volvemos con máis enerxía, máis creatividade e moitas ganas de seguir tecendo rede entre nós.
Nesta segunda edición contaremos con accións formativas e obradoiros facilitados por @boca.a.boca_educacionsxual, @magda_pineyro, @cristytojo, @yolandapazcabaretyburlesque, @eduso.antirracista e @masculinidadsubversiva.
Pero… Se non podemos bailar, non é a nosa revolución! 💿
Desprazarémonos a @guionclube para desfrutar de @bratzantifa.wav en concerto e dunha sesión coa nosa DJ convidada @senora_dj.
E isto non remata aquí! Desfrutaremos da proxección da curtametraxe “Delincuente” con @vil.nuria e mergullarémonos, da súa man, nun Laboratorio de Creación.
Máis info: programación
📅 Cando? Do 28 ao 30 de novembro de 2025.
📍 Onde? No Albergue de Ecoturismo Alvarella (@alvarellaecoturismo) en Vilarmaior, moi preto de Pontedeume (A Coruña).
🔗 Formulario de inscrición! E lembra que o prazo para reservar a túa praza remata o vindeiro 17 de novembro.




Comments