Skip to main content
carteis

BASES DO CONCURSO DE CARTEIS DA “LXVI FESTA DA LAMPREA”

O Concello de Arbo abre o prazo para participar no Concurso de Carteis da “LXVI Festa da Lamprea”, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de abril de 2026. O certame, en categoría libre, ten como obxectivo elixir o cartel oficial que representará unha das festas gastronómicas máis emblemáticas de Galicia, declarada de Interese Turístico Internacional.

Poden participar todas as persoas, físicas ou xurídicas, sen límite de idade nin de nacionalidade, sempre que presenten obras orixinais e inéditas. Valorarase especialmente a creatividade, a orixinalidade e a representación dos valores culturais, patrimoniais e etnográficos vencellados á lamprea e ao municipio de Arbo.

As propostas deberán entregarse en soporte físico e dixital, e deberán incluír obrigatoriamente o texto:

“LXVI Festa da Lamprea Arbo – 24, 25 e 26 de abril de 2026 – Festa de Interese Turística Internacional”.

💶 Premios

  • 1º Premio: 1.000 €

  • 2º Premio: 600 €

  • 3º Premio: 400 €

Os premios entregaranse durante a Gala da Lamprea, dentro da programación oficial da festa.

📅 Prazo de presentación

O prazo para presentar os carteis remata o 29 de decembro de 2025.
As obras deberán entregarse ou enviarse ao Rexistro Xeral do Concello de Arbo (Praza Consistorio nº 1, 36430 Arbo – Pontevedra), indicando na embalaxe “Concurso Cartel LXVI Festa da Lamprea”.

Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. O incumprimento das bases suporá a exclusión do concurso.

O xurado, composto por representantes dos ámbitos culturais e sociais de Arbo, valorará a calidade artística e o impacto visual das propostas. O cartel gañador converterase na imaxe oficial da LXVI Festa da Lamprea 2026.

Base de Datos Nacional de Subvencións

(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/861242)

Comments