Baiona convoca o Concurso de Decoración de Adornos de Nadal de tamaño Mediano-Xigante con materiais de refugallo 2025-2026
O Concello de Baiona, a través das Concellerías de Festexos, Medio Ambiente e Comercio, vén de aprobar, por acordo da Xunta de Goberno Local de data 8 de outubro de 2025, as bases reguladoras e convocatoria do Concurso de Decoración de Adornos de Nadal de tamaño Mediano-Xigante con materiais de refugallo 2025–2026.
Este certame ten como obxectivo promover a creatividade e a participación cidadá na decoración do Nadal, fomentando ao mesmo tempo a conciencia ambiental a través das tres premisas fundamentais: reducir, reutilizar e reciclar.
A iniciativa busca implicar á veciñanza, asociacións, centros educativos, entidades culturais, comercio e hostalaría locais na creación de adornos de Nadal elaborados con materiais de refugallo como cartón, plástico, madeira, cortiza, teas, etc., que se expoñerán nas rúas e prazas da vila durante as festas. As pezas deberán ser resistentes ás inclemencias meteorolóxicas e poderán incorporar iluminación apta para exteriores.
Participación e prazos
Poderán participar centros, entidades e asociacións culturais, sociais, deportivas, veciñais, ANPAS, centros educativos, comercio, hostalaría, grupos informais e particulares.
As inscricións realizaranse na Oficina de Rexistro do Concello de Baiona ou a través da Sede Electrónica, no prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.
As decoracións deberán instalarse entre o 24 de novembro e o 3 de decembro de 2025, permanecendo expostas ata o 6 de xaneiro de 2026.
Premios
Establécense dúas categorías con cinco premios cada unha:
Categoría A: Comercio e hostalaría local, grupos informais e cidadanía particular
Categoría B: Asociacións culturais, sociais, deportivas, veciñais, ANPAS e centros educativos
PremioContía
1º800 €
2º400 €
3º200 €
4º100 €
5º100 €
Os premios estarán suxeitos ás retencións establecidas pola lexislación vixente.
O xurado estará composto por representantes do Concello e persoas vinculadas ás artes, o deseño e o xornalismo. O fallo será inapelable e darase a coñecer nun acto público de entrega de premios.
📅 Prazo de inscrición: 20 días naturais dende a publicación no BOPPO
📍 Lugar: Rexistro do Concello de Baiona / Sede electrónica
💡 Máis información: Na web do Concello de Baiona e nas bases completas da convocatoria.




Comments