Skip to main content
cgac

Territorio - Exposición CGAC

Este xoves 16 de outubro será a quenda de 'Territorio', a primeira mostra monográfica sobre videoarte e videoperformance de Centroamérica que se realiza en España.

🎞️ Cunha selección de obras de destacados artistas contemporáneos de Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá, a mostra é unha invitación a coñecer e profundar no desenvolvemento do panorama da videoarte na rexión centroamericana desde os anos 90 ata a actualidade. Alimentada polas prácticas da performance e por narrativas que xorden de problemáticas contextualizadas, esta exposición preséntase como unha polifonía de imaxes e sons que dialogan sobre feitos históricos e episodios de violencia, saberes ancestrais, migracións e as principais problemáticas urbanas e ecolóxicas que actualmente afectan as sociedades do istmo e o seu complexo territorio.

🗣️ O día 16 de outubro ás 19:00 horas, no auditorio do CGAC, terá lugar unha charla na que participarán os comisarios da mostra, Rossina Cazali e Santiago Olmo. A continuación, procederase á apertura da exposición ao público.

Comments