1ª Xornada Internacional de bibliotecas públicas Galicia – Norte de Portugal
Máis alá da prescrición. Mediación, lectura e bibliotecas I
A primeira Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia e do Norte de Portugal, organizada no marco do Proxecto Nortear, quere poñer en valor o traballo esencial das bibliotecas neste ámbito.
Esta iniciativa transfronteiriza propón reflexionar sobre a mediación lectora, un eido no que os profesionais desempeñan un papel insubstituíble.
Nesta xornada de 28 de outubro abordaranse cuestións como as novas canles de mediación lectora, as diferentes formas de acceder aos libros na era dixital, as estratexias para atraer novos públicos e as mellores prácticas para fortalecer a lectura crítica, o pracer lector e a función social das bibliotecas.
Durante a xornada tamén se celebrará a entrega dos Premios Bibliotecas que inspiran 2025, recoñecendo iniciativas que destacan polo seu impacto e creatividade na promoción da lectura.
Ademais, toda a sesión poderá seguirse por streaming a través da canle de YouTube da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal da AECT.
Máis información:
www.cidadedacultura.gal




Comments