V Premios Fouciño
Os Premios Fouciño de cinema nacen coa intención de dinamizar a Costa da Morte, achegando unha programación innovadora e vangardista.
Desde a primeira edición, os Fouciño convertéronse nun importante punto de encontro do sector e fixéronse un oco dentro do panorama audiovisual Galego.
Logo do éxito da derradeira edición, os Premios Fouciño, primeiro certame de curtametraxes da Costa da Morte, afrontan a súa V Edición, co obxetivo de volver a traer a maxia do cine a Baio.
Os V Premios Fouciño terán lugar entre o xoves 23 e o sábado 25 de outubro de 2025 en Baio (Zas).
Durante eses días realizaranse actividades e proxeccións no Edificio Praza S/N (xunto á pastelería Guindas) en Baio.
O concurso de curtas terá lugar o sábado 25 de novembro. Proxectaranse as pezas finalistas de entre as presentadas e despois terán lugar as votacións do xurado e o público.
Finalmente, realizarase a entrega de premios e pecharase o festival con concertos na Praza Jorge Mira de Baio.
Máis información:
https://premiosfoucino.concellodezas.org/




Comments