Skip to main content

O Concello de Xove convoca unha praza de condutor-tratorista como persoal laboral temporal por substitución

O Concello de Xove publicou no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP núm. 237, do 15 de outubro de 2025) as bases específicas para a selección dunha (1) praza de condutor-tratorista, persoal laboral temporal por substitución durante o proceso de selección para a súa cobertura definitiva (posto 28 RPT), conforme ao artigo 15.3 do Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET).

O sistema de selección será o de concurso-oposición libre, e o contrato terá carácter temporal ata a cobertura definitiva da praza mediante contrato fixo. A xornada será completa, de 35 horas semanais, e as retribucións serán as establecidas no Convenio Colectivo vixente do persoal laboral do Concello de Xove.

Requisitos principais

As persoas aspirantes deberán reunir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún Estado nos termos previstos no artigo 57 do EBEP.

  • Estar en posesión do título de FP de grao medio en Operación e Mantemento de Maquinaria de Construción ou equivalente, admitíndose tamén o título de graduado en ESO.

  • Posuír carné de conducir C1 e o certificado de aptitude profesional (CAP).

  • Acreditar o nivel de galego CELGA 2 ou equivalente, ou superar a correspondente proba de coñecemento da lingua galega.

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.
As instancias deberán presentarse:

  • Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Xove, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas,

  • ou de forma electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Xove: https://xove.sedelectronica.gal.

As bases íntegras da convocatoria poden consultarse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica municipal.

Comments