Skip to main content

Convocatoria para a elección do/a xuíz/a de paz titular e substituto/a no Concello do Bolo

O Concello do Bolo publicou a Resolución da Alcaldía n.º 246.1/2025, do 10 de outubro de 2025, pola que se aproba a convocatoria pública para a elección das persoas que desempeñarán os cargos de xuíz/a de paz titular e substituto/a.

A convocatoria está dirixida a todas aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade española.

  • Ser maior de idade.

  • Non estar incurso/a en ningunha causa de incapacidade establecida no artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial.

  • Non estar incurso/a en incompatibilidades ou prohibicións recollidas nos artigos 389 a 397 da mesma Lei e no artigo 14 do Regulamento 3/1995 dos xuíces de paz.

As solicitudes deberán presentarse no modelo que se facilita no Concello do Bolo e tamén está dispoñible na sede electrónica municipal: https://obolo.sedelectronica.gal/info.0.

O prazo de presentación será de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes poderán rexistrarse no Rexistro de entrada do Concello do Bolo ou mediante calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Comments