Skip to main content

Convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de técnicos/as A1 no Concello de Boiro

O Concello de Boiro vén de aprobar, mediante Resolución de Alcaldía de data 3 de outubro de 2025, as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de técnicos/as A1.

O obxectivo desta convocatoria é crear unha lista de reserva que permita cubrir, mediante nomeamentos temporais, reforzos puntuais e ausencias nos departamentos de Intervención e/ou Secretaría do Concello.

O sistema de selección será o de oposición libre, e as persoas aspirantes deberán estar en posesión dun título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñería, arquitectura ou equivalente, ademais de acreditar o nivel Celga 4 ou equivalente no coñecemento da lingua galega.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Boiro (https://boiro.sedelectronica.gal) ou no Rexistro Xeral do Concello, acompañadas da documentación requirida e do xustificante de pagamento da taxa de exame, que ascende a 28 euros, con bonificacións previstas para persoas desempregadas e familias numerosas.

Toda a información detallada —bases, temario e anexos— pode consultarse na web oficial do Concello de Boiro: www.boiro.gal.

Comments