Premios do "Samaín 2025".
A convocatoria do concurso de premios "Samaín 2025" ten como finalidade promover a participación dos establecementos de hostalaría e comercio de Ames en distintos programas e eventos relacionados coa actividade empresarial, co obxectivo de crear un foco de atracción da clientela e aumentar o consumo en Ames. Esta convocatoria pretende incentivar aos empresarios/as do Concello para que adornen os establecementos con un tema común "Samaín" de xeito que se ambientará esta celebración e se contribuirá a a fixar a clientela no noso comercio.
O prazo de presentación comezará o 16 de Outubro de 2025 e finalizará o 22 de outubro de 2025.
O importe dos premios ascende a 2.000€, repartidos como segue:
- Primeiro/a clasificado/a: 1.000 €
- Segundo/a clasificado/a: 600 €
- Terceiro/a clasificado/a: 400 €
Poderán participar no concurso:
- persoas físicas e xurídicas titulares ou cotitulares dun establecemento situado no Concello de Ames que conste dado de alta na matrícula do IAE deste Concello.
No caso de persoas físicas é obrigatorio ser maior de idade
Para máis información, facer clic no seguinte enlace ó BOP da Coruña coa noticia:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/10/15/2025_0000006629.html




Comments