Skip to main content
laboratorio

Premios de Investigación Ángeles Alvariño e González Llanos 2025

O Concello de Ferrol convoca os Premios de Investigación Ángeles Alvariño e González Llanos para o ano 2025, co obxectivo de apoiar e impulsar o talento investigador. A convocatoria conta con dous galardóns de 10.000 € cada un.

Requisitos

Para poder optar aos premios, os participantes e os traballos de investigación deberán cumprir o seguinte:

  • Participantes:

    • Persoas de xeito individual, tanto con perfil profesional como investigador.

    • Equipos ou grupos multiprofesionais, formados por profesionais, persoal investigador ou unha combinación de ambos.

    • A participación está aberta a persoas de calquera nacionalidade.

  • Obxecto dos traballos:

    • Premio Ángeles Alvariño: Traballos de investigación pertencentes ao ámbito das Ciencias e as súas titulacións universitarias.

    • Premio González Llanos: Traballos de investigación do ámbito da Enxeñaría e a Arquitectura e as súas titulacións.

Solicitudes

A documentación e a información que se debe achegar coa solicitude son as que se especifican nas Bases Quinta e Sexta das bases reguladoras da convocatoria. Recoméndase consultar os ANEXOS para preparar a candidatura correctamente.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais. Este prazo comezará a contar dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información

BOP

Comments