Convocatoria de subvencións municipais para entidades deportivas e fomento de actividades deportivas 2025. Cambados
O Concello de Cambados publica a convocatoria de subvencións municipais para entidades deportivas e para o fomento de actividades deportivas 2025 (BDNS: 861872), destinada a apoiar o desenvolvemento da actividade deportiva no municipio.
As subvencións poderán solicitaras entidades deportivas sen ánimo de lucro e deportistas de elite que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria. O obxectivo é financiar campionatos, eventos deportivos e outras actividades promovidas por clubs e asociacións deportivas, así como apoiar aos deportistas de elite nos gastos vinculados a competicións e adestramentos.
O orzamento total destinado a esta convocatoria ascende a 80.000 €. A cuantía individual de cada subvención determinarase segundo os criterios e puntuacións establecidos na convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais desde a publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia. Toda a información, bases da convocatoria e formularios están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Cambados: https://cambados.sedelectronica.gal
Esta iniciativa forma parte do compromiso do Concello de Cambados por fomentar a actividade física e o deporte de calidade no municipio.




Comments