Skip to main content
comedor

A Xunta de Goberno Local de Sada convoca axudas-bolsas de comedor escolar baseadas na renda familiar para o curso 2025/2026

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 9 de outubro, acordou convocar as “Bolsas de comedor escolar baseadas na renda familiar”, destinadas ao alumnado escolarizado no Concello de Sada durante o curso 2025/2026. Esta convocatoria rexerase polas bases aprobadas polo Pleno do Concello na súa sesión do 25 de setembro.

O obxecto desta iniciativa é facilitar axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar, xestionado por ANPAS, en modalidade presencial de luns a venres durante o período lectivo. Para poder acceder á bolsa, será necesario que o alumnado beneficiario teña asignada unha praza dispoñible nun centro escolar do termo municipal ao comezo do curso.

O crédito total destinado a esta convocatoria ascende a 41.800 euros, con posibilidade de anticipo do 50% da subvención concedida no 2025 e o resto imputado ao orzamento municipal do 2026.

A convocatoria e toda a documentación estarán dispoñibles na web do Concello de Sada (www.sada.gal) e na Base de Datos Nacional de Subvencións. Ademais, publicarase un extracto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Número de anuncio: 2025/6617

Comments