Convocatoria de bolsas para deportistas tudenses 2025
O Concello de Tui vén de aprobar, mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 10 de outubro de 2025, as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de bolsas a deportistas tudenses 2025 (BDNS Identif.: 861935).
O obxecto desta convocatoria é recoñecer o esforzo e a dedicación dos deportistas individuais do municipio de Tui, facilitando a súa práctica deportiva e participación en competicións oficiais, especialmente aquelas de carácter internacional, nas que contribúen a difundir o nome da cidade.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas bolsas os/as deportistas individuais que:
-
Estean empadroados/as en Tui na data da solicitude e o leven estado, de maneira ininterrompida, por un mínimo de dous anos.
-
Posúan licenza federativa correspondente ao ano 2025.
-
Participasen en competicións oficiais de recoñecido prestixio a nivel internacional.
-
Sexan deportistas de alto nivel ou rendemento, ou teñan participado en probas federadas oficiais internacionais.
-
Xustificasen correctamente a bolsa concedida no ano anterior, se é o caso.
-
Estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
Dotación económica
A convocatoria conta cunha dotación total de 15.000 euros, con cargo ao orzamento municipal do exercicio 2025. A contía máxima por deportista establécese segundo o baremo recollido no Anexo I das bases reguladoras.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS):
🔗 https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/861935




Comments