Convocatoria dunha praza de Gobernanta por quenda libre no Concello de Ferrol
O Concello de Ferrol vén de aprobar, mediante resolución da concelleira delegada da Área de Facenda, Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística do 30 de setembro de 2025, a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de gobernanta, por quenda libre, como persoal funcionario de carreira. Esta praza encádrase na Escala da Administración Especial, Subescala Técnica, Clase auxiliar, Grupo C, Subgrupo C1, e deriva da Oferta de Emprego Público do ano 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Requisitos principais das aspirantes:
-
Ser muller.
-
Posuír o título de bacharel, técnico ou equivalente.
-
Acreditar o coñecemento da lingua galega (Celga IV ou equivalente), ou superar a correspondente proba de lingua galega.
As solicitudes poderán presentarse preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello ou polas vías previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Sistema selectivo:
O proceso realizarase mediante concurso-oposición, cunha fase de concurso (ata 40 puntos) e unha fase de oposición (ata 60 puntos).
A información completa sobre requisitos, taxas, documentación necesaria e desenvolvemento do proceso selectivo pode consultarse nas bases específicas da convocatoria publicadas no BOP e na sede electrónica municipal: www.ferrol.gal.
📅 Prazo de solicitudes: 20 días hábiles desde a publicación no BOE.
📍 Organiza: Concello de Ferrol.
📝 Modalidade: Quenda libre, persoal funcionario de carreira.




Comments