Skip to main content

Varios auxiliares administrativos no Concello de Burela

É obxecto destas bases regular o procedemento para a formación dunha bolsa de emprego para prestar
servizos de carácter temporal no Concello de Burela en prazas/postos de traballo de auxiliar administrativo.

As persoas interesadas que desexen participar no proceso selectivo dirixirán as
súas solicitudes á Sra. Alcaldesa do Concello de Burela e presentaranas no Rexistro Xeral da citada entidade
en horario presencial de 9,00 a 14,00 horas ou mediante rexistro telemático as 24 horas.

Así mesmo poderán remitirse na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas.
O impreso de instancia axustarase ao modelo oficial que se publicará na sede electrónica do Concello de
Burela-taboleiro de anuncios (http://burela.sedelectronica.es).
As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos, deberán entregarse en sobre aberto para ser
seladas e datadas polo empregado do Servizo de Correos.
O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados dende o día
seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).

Documentación necesaria:

a) Copia do DNI ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de persoas estranxeiras.
b) Copia do titulo académico esixido: graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado en educación
secundaria, graduado escolar ou técnico auxiliar ou bacharel elemental ou superior.

c) Acreditación da posesión do nivel de idioma galego esixido na base 8.3: Celga 3 ou superior. De carecer
desta acreditación, a persoa aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma
galego que en dita base 8.1 se prevé.

Para máis información consulte as páxinas da 13 á 20 no BOP de Lugo neste enlace:

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/2025-10/17-10-2025%20spa.pdf

Comments