Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca a segunda edición do Premio Tolerancia Cero fronte ao Acoso 2025, dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
O galardón conta cunha dotación total de 30.000 euros e recoñece aquelas actuacións e proxectos que amosen un compromiso destacado coa loita contra o acoso e o ciberacoso escolar.
Esta iniciativa enmárcase no Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar, e está financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través do Programa de Benestar Emocional no ámbito educativo.
Categorías e premios
Os centros poderán participar en dúas categorías:
-
Categoría A: Educación infantil e primaria.
-
Categoría B: Educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, ensinanzas de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.
Máis información




Comments