Skip to main content

Convocatoria para a contratación dun profesor/a de violín e linguaxe musical en Baiona

O Concello de Baiona publicou a convocatoria dun proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun profesor/a de violín e linguaxe musical para a Escola de Música Municipal, mediante contrato de duración determinada por substitución dun traballador con dereito á reserva do posto.

A convocatoria foi aprobada por Resolución da Alcaldía (Decreto 2025-2537), de data 15 de outubro de 2025.

 Prazo de presentación

O prazo para presentar as solicitudes será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio.

Bases da convocatoria

As bases completas poden consultarse na páxina web oficial do Concello de Baiona

Máis información

BOPPO

Comments