Skip to main content

A Deputación da Coruña convoca dúas prazas de administrativo/a de Administración Xeral

A Deputación Provincial da Coruña publicou as bases específicas da convocatoria para a cobertura en propiedade de dúas prazas de administrativo/a de Administración Xeral (C1), correspondentes á Oferta de Emprego Público 2024, mediante o sistema de oposición libre.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude de forma telemática a través da sede electrónica da Deputación, no Portal de Emprego Público CONVOCA , identificándose mediante a plataforma Cl@ve en calquera das súas modalidades.

Prazo de presentación 

20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Entre os requisitos, as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de Bacharelato ou Técnico/a, ou equivalente, e aboar a correspondente taxa de exame de 16,10 €, de acordo coa ordenanza fiscal da Deputación.

O proceso selectivo desenvolverase mediante catro exercicios obrigatorios e eliminatorios, que incluirán probas tipo test, preguntas curtas, supostos prácticos e un exercicio de galego (do que estarán exentos/as quen posúan o Celga 4 ou equivalente).

Máis información

BOP

Comments