Skip to main content

Convocar a oferta pública extraordinaria na que se ofertan 6 prazas baleiras no Centro Ocupacional Municipal “A Escada”

Convocar a oferta pública extraordinaria na que se ofertan 6 prazas baleiras no Centro Ocupacional Municipal “A Escada”

RESOLUCIÓN DA CONCELLERÍA DELEGADA DE COHESIÓN SOCIAL, RECURSOS HUMANOS E RÉXIME INTERIOR

ANTECEDENTES

Vistos os seguintes feitos, que constan no expediente número 1446765X, tramitado por esta Sección de atención especializada:

- Regulamento de réxime interno do Centro Ocupacional municipal “A Escada”, aprobado en sesión plenaria municipaldo 26/05/2009 e publicada no BOP nº 170 de 31 de xullo de 2009.

- Bases reguladoras de acceso ás prazas baleiras do Centro Ocupacional “A Escada” para persoas con discapacidade intelectual. BOP nº 156 de 17 de agosto de 2023.

- Informe emitido pola xefa de sección de atención especializada, de data 01/10/2025.

CONSIDERACIONS XURÍDICAS

Considerando a seguinte normativa específica de aplicación:

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común; no Real decreto 203/2021, de 30 de marzo, que aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do Sector Público por medios electrónicos; a Ordenanza municipal reguladora da Administración Electrónica no Concello de Culleredo, e demais normativa específica de aplicación.

De conformidade coas potestades e competencias municipais dos artigos 4, 7 e 25 e seguintes da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases de réxime local (LBRL); as atribucións conferidas á Alcaldía polo artigo 21.1 da LBRL; así como a Resolución nº 1260 de 7.07.2023 de delegación de atribucións de alcaldía en concelleiros/as da Corporación (BOP A Coruña nº 131 de 11.07.2023).

RESOLVO:

PRIMEIRO: Convocar a oferta pública extraordinaria na que se ofertan 6 prazas baleiras no Centro Ocupacional Municipal “A Escada”, destinadas a persoas con discapacidade intelectual e empadroadas no concello de Culleredo. Período formativo 2025-2026.

SEGUNDO: Dar orden de publicar a convocatoria na páxina web do Concello e no Boletín Oficial da Provincia.

Para máis información, facer clic no enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/10/20/2025_0000006750.html

Comments