Skip to main content
igualdad

Axudas destinadas ao programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento de persoal técnico nos servizos municipais de igualdade de xénero no ano 2026.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/862298)

Primeiro. Beneficiarios.

Os concellos e entidades locais da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes

Segundo. Obxecto.

Financiamento do persoal técnico de igualdade de xénero e axentes de igualdade de xénero no ano 2026

Terceiro. Bases reguladoras.

A presente convocatoria rexerase polas Bases reguladoras publicadas no BOP número 196 do 14 de outubro de 2025 dispoñibles en :

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/10/14/2025_0000006663…

Cuarto. Contía.

450.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de solicitude iniciarase as 08:00 horas do día 21 de outubro de 2025, e finalizará ás 14:00 horas do día 21 de novembro de 2025, tendo en conta que, tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

 

Comments