Extracto das bases e convocatoria para a concesión de subvencións para a organización de actividades culturais a asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro no municipio do Carballiño para o ano 2025
Extracto das bases e convocatoria para a concesión de subvencións para a organización de actividades culturais a asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro no municipio do Carballiño para o ano 2025
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/861239)
1. Obxectivo do concurso:
As bases teñen por obxectivo regular a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a asociacións e institucións culturais do municipio do Carballiño, destinadas á realización de actividades culturais e de animación sociocultural para o ano 2025.
2. Beneficiarios:
Poderán optar as asociacións e institucións culturais legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con domicilio social no Carballiño e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, ó menos cunha antigüidade mínima de seis meses.
3. Crédito
O importe total asinado no orzamento municipal ascende a 7.000 euros. A axuda máxima por beneficiario será de 3.000 euros. As axudas serán compatibles con outras para o mesmo fin, sempre que o importe total de todas as subvencións non supero o investimento do 100% previsto para as actividades obxecto da subvención.
4. Prazo e presentación das solicitudes
Os beneficiarios deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste extracto no BOP trala comunicación efectuada para o efecto na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
Para máis información consultar o seguinte enlace: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/347986




Comments