Convocatoria pública do programa de concesión da promoción de deportistas ferroláns e clubs e entidades deportivas ferrolás para facilitar a súa participación en competicións nacionais e internacionais.
As axudas económicas desta convocatoria destinaranse a apoiar os deportistas e equipos destacados da cidade na súa participación en competicións deportivas de alto nivel. Este obxectivo busca paliar, na medida do posible, o elevado custo que supón competir en eventos nacionais e internacionais propios do deporte de rendemento.
Poderán concorrer a esta convocatoria de subvencións todas os deportistas e entidades deportivas que cumpran os requisitos e as finalidades desta convocatoria e que fomenten e promocionen, en xeral, a Educación física e o Deporte no termo municipal do Concello de Ferrol.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.
Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/10/24/2025_0000006900.html




Comments