Axudas de emerxencia social 2026 do Concello de Xove
O Concello de Xove convoca, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas de emerxencia social para o ano 2026, destinadas a paliar situacións de urxencia ou necesidade básica das persoas e familias con recursos económicos insuficientes.
Prazo de solicitude: durante todo o ano 2026, ata esgotar o crédito dispoñible.
Réxime: concorrencia non competitiva
Beneficiarios/as
Poderán solicitar estas axudas as persoas maiores de idade empadroadas e con residencia efectiva no Concello de Xove con, polo menos, seis meses de antelación.
Excepcionalmente, tamén poderán beneficiarse persoas en situación de urxencia social aínda que non cumpran ese prazo mínimo.
Finalidade das axudas
As axudas destínanse a cubrir necesidades básicas de carácter urxente, como:
-
Alimentación, roupa e material doméstico.
-
Gastos de vivenda (luz, auga, reparacións, mobiliario básico...).
-
Atención sanitaria e tratamentos non cubertos polo Sergas.
-
Actividades educativas e extraescolares.
-
Outras situacións imprevistas que xeren un gasto extraordinario.
Presentación de solicitudes
As solicitudes poden presentarse:
-
No Rexistro Municipal do Concello de Xove,
-
Ou por calquera medio admitido pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común.
Máis información e bases completas:




Comments