Skip to main content
FACOMFEST25

Facom Fest

O estudantado de cuarto curso de Comunicación Audiovisual da USC lanzan unha nova edición, xa a cuarta, do Facom Fest, que terá lugar entre o 24 e o 27 de novembro.

A cita, que ten o propósito de visibilizar os filmes de quen se está a formar no audiovisual e servir de punto de unión entre o ámbito formativo e o profesional, nesta ocasión e como novidade dará a oportunidade de participar a estudantes de fóra de Galicia.

O Facom Fest 2025 concederá dous premios principais: o Premio Galego valorado en 300 euros e acompañado dunha mentoría virtual personalizada de catro horas coa distribuidora La Machina, e o Internacional cunha dotación de 200 euros.

 O xurado  combinará a presenza de estudantes coa de profesionais do sector audiovisual e outorgará ata cinco mencións especiais en cada categoría e o público decidirá tamén un dos premios.


Máis inforrmación:
https://filmmakers.festhome.com/es/festival/facom-fest

Comments