Skip to main content
premio videojuego

Bases reguladoras dos premios do “I Certame videoxogos en galego Deputación da Coruña"

- O obxecto deste certame é apoiar especificamente os proxectos de videoxogos en lingua galega para potenciar a sua visibilidade, creación e consumo.

- Os proxectos a participar decidiranse a proposta do xurado, sen postulación previa de entidades, e deberán cumprir os seguintes requisitos:

- Serán proxectos orixinais e de autoría propia e publicados por primeira vez a partir do 1 de setembro de 2024.

- Deberán estar publicados nunha plataforma dixital, ben sexa externa ou autopublicado.

- O título debe ser xogable; cun menú de inicio e parte xogable. Debe contar cunha experiencia de usuario que sexa suficiente para poder valorar o concepto base do xogo.

- Todos os videoxogos deberán estar dispoñibles en lingua galega, sen que iso impida que os contidos tamén poidan estar noutras linguas.

- Do mesmo xeito, os proxectos usarán unha linguaxe inclusiva e con perspectiva de xénero nos seus textos e comunicacións.

- Para máis información consultalo segunte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/10/30/2025_0000007055.html

 

Comments