XVII Edición do Festival "Clipmetrajes"
A XVII Edición do Festival de Clipmetrajes de Mans Unidas, NON HAI PAZ SEN DEREITOS, a paz é moito máis que a ausencia de guerra.
A auténtica paz constrúese sobre a xustiza, a igualdade, a tolerancia, o respecto pola diversidade, a solidariedade, a liberdade e o coidado do planeta.
Requisitos:
-Grava un curto dun minuto que mostre propostas que contribúan a construír a paz, a través da defensa dos Dereitos Humanos.
Prazo:
Ata o 16 de febreiro de 2026 se participas na Categoría Escolas,
7 de maio de 2026 se participas na Categoría Xeral.
Dotación:
-Categoría Xeral: a persoa gañadora do primeiro premio viaxará con Mans Unidas a Guatemala, xunto a un/unha profesional do cinema e do audiovisual con gran experiencia, para rodar, con total liberdade creativa, a súa propio curto documental.
-Categoría Escolas: a clase gañadora de primaria e secundaria gozará dun campamento de cinco días de duración con dinámicas para traballar os valores.
Dirección:
concurso@clipmetrajesmanosunidas.org
Convoca: Mans Unidas
Máis información:
https://www.clipmetrajesmanosunidas.org/clipmetrajes/




Comments