Bolsas de estudos para ensinanzas de adultos e non obrigatorias non universitarias no Concello de Abegondo
O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública en concorrencia competitiva, que efectúa o Concello de Abegondo para a concesión de axudas económicas, curso 2025/2026, como acción de fomento e contribución aos gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos centros de ensino con carácter oficial.
Para optar ao beneficio de bolseiro/a deberán reunirse os seguintes requisitos:
· Estar empadroado o solicitante no Concello de Abegondo cunha antigüidade mínima de seis meses. Esta circunstancia, que deberá cumprirse no último día do prazo de presentación de solicitudes, será comprobada de oficio polos servizos municipais.
· No caso de alumnos menores de idade a solicitude formularaa o pai, a nai ou o titor do alumno tendo tanto o alumno como o solicitante que estar empadroados no Concello cunha antigüidade mínima de seis meses, excepto en caso de pais separados, neste caso só deberá estar empadroado o pai ou a nai que posúa a custodia. Esta circunstancia, que deberá cumprirse no último día do prazo de presentación de solicitudes, será comprobada de oficio polos servizos municipais.
As solicitudes presentaranse en modelo normalizado no prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia
Para máis información, consultar o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/03/2025_0000007093.html




Comments