Skip to main content
vehículo adaptado

Axudas para o mantemento e compensación de gastos de vehículos adaptados no Concello da Coruña

Subvencións para aquelas persoas que sendo titulares dun taxi adaptado para o traslado de persoas con discapacidade, dispoñan dunha licenza de taxi no municipio da Coruña, co obxecto de financiar os gastos de conservación e mantemento dos vehículos durante o exercicio 2025.

Poderán acceder á condición de beneficiario/a da subvención as persoas e as agrupacións de persoas (físicas e xurídicas), as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estea validamente constituída e sexa titular dunha licenza de taxi adaptado concedida polo Concello da Coruña para o traslado de persoas con mobilidade reducida ou discapacidade.

O prazo para presentar as solicitudes será de UN MES, que se computa desde o día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no BOP da Coruña.

Para máis información, consulta o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/03/2025_0000007096.html

Comments