Skip to main content
deportes

Axudas a deportistas de alto interese municipal no Concello de Abegondo

É obxecto da presente convocatoria establecer as bases e a regulación da tramitación e concesión, por parte do Concello de Abegondo, a través do procedemento de concorrencia competitiva, de becas a deportistas de Abegondo co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto no que se refire ao perfeccionamento técnico e mellora no rendemento na participación en competicións oficiais nas distintas modalidades deportivas recoñecidas en deportes, como posibilitar a participación en eventos deportivos de nivel, cando se cumpran os requirimentos e obrigas impostos nas bases.

Poderán ser beneficiarios e obxecto destas axudas as persoas físicas que sexan deportistas que cumpran as condicións da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte a publicación dun estrato desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Para máis información consulta o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/04/2025_0000007113.html

Comments