Skip to main content
coruña

Programa “A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2026-2027” para estudar 1º de Bacharelato en Canadá

Quen pode solicitar a bolsa?

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ter DNI ou NIE.

  • Estar empadroado/a na Coruña xunto coa unidade familiar no momento da solicitude.

  • Estar matriculado/a en 4º de ESO no curso 2025-2026 nun centro da Coruña.

  • Ter obtido en 3º da ESO:

    • Media igual ou superior a 6, sen materias suspensas.

    • Nota igual ou superior a 7 en Inglés.

  • Non atoparse incurso/a nas prohibicións para recibir subvencións (Lei 9/2007).

Que cobre a bolsa?

O custo da praza é de 21.624,11 €.

Segundo a renda familiar establécense dous tipos:

  • Bolsa total: cando a puntuación económica da unidade familiar sexa de 7 a 10 puntos.

  • Bolsa parcial: o Concello cubrirá entre o 65% e o 95% do custo, e a familia achegará entre o 5% e o 35%.

Número de bolsas

  • 30 bolsas en total.

Prazo de solicitude

10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

Máis información

Comments