Skip to main content
BOCOXG25

Bono Comercio

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a segunda edición dos bonos Activa Comercio 2025, dotada con 2,5 M€, co gallo de poñer mañá a disposición das persoas consumidoras —desde as 9,00 horas— os bonos de desconto de ata 30 euros.

Como novidade, os establecementos non terán que inscribirse de novo para participar na iniciativa, senón que segue vixente a adhesión da primeira edición, co obxecto de gañar en axilidade en beneficio tanto dos comerciantes como das persoas consumidoras.

Cada bono terá un desconto de 30 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos.
A partir de mañá (desde as 9,00 horas) as persoas consumidoras interesadas poderán descargar eses bonos desde a web www.bonosactivacomercio.gal e canxealos nos establecementos mediante o seu formato dixital QR.

 O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalles un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Máis información:
DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251104/AnuncioG0767-101025-0007_gl.html
Sede Electrónica Xunta de Galicia.CO301B

Comments