Convocatoria dunha praza de Auxiliar Administrativo/a no Concello de Cervo
O Concello de Cervo anuncia a convocatoria dun proceso selectivo para cubrir 1 praza de Auxiliar Administrativo/a, como persoal funcionario de carreira, mediante o sistema de concurso-oposición libre. A praza está incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2023.
Características da praza
-
Categoría: Auxiliar Administrativo/a
-
Grupo/Subgrupo: C2
-
Vínculo: Persoal funcionario de carreira
-
Xornada: Completa
-
Titulación esixida: Graduado en ESO ou equivalente
-
N.º de prazas: 1
Requisitos das persoas aspirantes
As persoas candidatas deberán:
-
Ter nacionalidade española ou a permitida pola normativa.
-
Ter 16 anos cumpridos e non exceder a idade de xubilación.
-
Posuír ESO ou equivalente.
-
Non estar inhabilitado/a para emprego público.
-
Acreditar o Celga 3 ou equivalente (ou superar a proba específica).
Presentación de solicitudes
-
Prazo: 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.
(Ata que non se publique no BOE, o prazo non está aberto.) -
Onde presentar:
-
A través do Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Cervo, ou
-
Por calquera dos medios do art. 16.4 da Lei 39/2015.
-
-
Documentación necesaria:
-
DNI
-
Titulación requirida
-
Xustificante do pago da taxa (se procede)
-
Acreditación Celga 3 (se se posúe)
-
Méritos para a fase de concurso, ordenados segundo baremo
-
Máis información
As bases completas e publicacións do proceso estarán dispoñibles en:
Sede electrónica
BOP de Lugo




Comments