Skip to main content

Aberta a convocatoria da Bolsa de Emprego de Orientación Laboral do Concello de Mos

O Concello de Mos vén de aprobar, mediante Resolución de Alcaldía de data 08/10/2025, as bases e a convocatoria do proceso selectivo da Bolsa de Emprego de Orientación Laboral.

O obxectivo desta bolsa é crear unha lista de persoas candidatas para futuras contratacións temporais vinculadas a servizos de orientación laboral, co fin de reforzar os programas municipais de apoio ao emprego e inserción laboral.

📅 Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo permanecerá aberto durante 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

🔗 Máis información e publicacións oficiais:
Os sucesivos anuncios e resolucións relacionados con esta convocatoria publicaranse na sede electrónica do Concello de Mos: http://mos.sedelectronica.gal
De forma potestativa, tamén se poderá consultar a información na páxina web municipal: http://mos.es

Comments